Monday 29 de April de 2024

O Concello estrea unha nova web municipal, intuitiva, accesible e moderna


· “O obxectivo desta transformación é mellorar e facilitar a experiencia de usuario”, explica Alejandra Pérez Máquez.

O Concello de Bergondo publicou a súa nova web municipal (www.bergondo.gal), que viviu unha transformación completa con respecto ao anterior sitio, converténdose agora nun espazo máis intuitivo, accesible e moderno.

A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, explica que “ou obxectivo que buscabamos con esta transformación era mellorar e facilitar a experiencia de usuario, conseguindo ademais un espazo actualizado e, sobre todo, intuitivo, para que vos trámites sexan máis sinxelos e para que a información básica do concello sexa accesible”.

O novo sitio, como ocorre sempre nas páxinas web, irá evolucionando continuamente grazas ao seu uso, conseguindo así cada vez unha mellor e máis cómoda ferramenta.